miércoles, 10 de noviembre de 2010

Candelabrum, Budu silná pro vás

Coido que o único que podo facer é agardar, mentres vexo como unha morea de cables atrápante nuha aperta fría e monstruosa, que crea na miña cabeza ó teu fráxil corazón limpo loitando contra o adeus, mentres os teus ollos pesarosos, péchanse, quen sabe se por última vez. As miñas palabras de amor nos chegan ata os teus oídos, tan distantes como a túa mente, a túa pel apagada contrastada cos teus beizos vermellos intentan emitir algúnha resposta ás pregas das miñas bágoas, que van caíndo como fixo o teu cabelo loiro. Os pitidos da máquina apuran a miña desesperación.
 Apaguei a luz e fiquei sentado no sofá creando na meu maxín a imaxe do teu espírito cruzando a lagoa mentres nós os que aínda quedamos nesta beira despedíamonos de ti, e viamos como te acollen cunha aperta os que xa tiveron a sorte de abandoarnos, coas preocupacións e o caos lonxe deles, mentres bosquexan unha sonrisa chea de morriña, foi nese intre cando chagaches á outra ourela, chegando un himno que estalaba calma e maxestuosidade.
 Abrín os ollos, máis alá da escuridade sons cheos de vacío anúncianme o silencio.

2 comentarios: