jueves, 27 de enero de 2011

131r8141 51381280

Hoxe atopei un caderno da funeraria, nela poñía o nome do meu avó, o lugar no que morrera, o día, a súa idade, e a parroquía á que pertencía. De baixo, aparecían unha morea de cadros con sinaturas, e enriva poñía: "Le testimonia su más sentido pésame:"
 Supoño que esta é unha forma inútil de consolo para os seus achegados. A tinta no papel, representando as persoas que asinaron, era a única mostra de agarimo? So queda do seu amor unha sinatura? Mentres meditaba nisto, unha idea cruzouse no meu maxín. Collín a última folla e escribín: "Avó, sinto que as bágoas non saíran da miña ledicia inocente. Agora, choro por dentro cada noite".


 Na soñardade da noite, prantado diante do maceira, tirei a pa ó chan e collín unha mazá, ollando as súas cores avermelladas, pensei: "Ti quixeches ser parte desta árbore, e eu quero que esta carta que é parte de min, forme parte de ti".
 Cos melosos ollos cheos de auga, cain cos xeonllos apoiados na verde herba que crecera alimentándose das lembranzas dun bo home.

No hay comentarios:

Publicar un comentario