Aquí temos o traballo presentado por Alejandro Martínez no concurso de narración curta do Ben veñas maio, espero que vos guste.
-Non entendo por que estou aquí, era unha persoa noxenta, que nin lembro.
-Cálmate –dixo André, e bicoume suavemente.
Sentámonos nas cadeiras e a muller comezou:
-En primeiro lugar, dicir que o forense afirmou que o señor Anxo Martínez morreu por suicidio, aforcado. Deixou unha carta e un caderno para a súa filla Xiana e o seu esposo André, isto é o único que el posuía, e vostede o único familiar. A continuación, lerei a carta que deixou:
“Túa nai sempre dicía que todos temos un alma xemelga, un cronopio, e que paga a pena vivir soamente para atopalo. Os cronopios, son seres máxicos, que segundo cría ela, amoláballes vernos tristes, e convértense en almas xemelgas, coas que compartir unha vida. Antes da cea, dixo que… sería feliz para sempre, porque estaba segura de que eu era o seu cronopio.”
-Non entendo nada…
-Atópaste ben? Estás tremendo!
-Si, o médico dixo que tardaría en acostumarme ao corazón…
Senteime na cadeira do piano e tras uns intres, comecei a ler as liñas do caderno.
Todo comezou nun verán pouco antes de que naceras, e coma tódalas historias, cunha mala nova.
-Anxo… Xiana ten a enfermidade de Wilson…
-Que? Que é iso? –os meus ollos abríronse coma pratos, e meus beizos separáronse deixando pasar ao meu frío alento.
-É unha enfermidade moi dura, que acumula cobre dentro dos tecidos, e desgástanse pouco a pouco, foi recentemente descuberta e poderiamos probar a tratala, pero… sinceramente, coido que só prolongaría o seu sufrimento... para que o entendas, e coma se o interior de Xiana estivese feito de chocolate, e se fose derretendo. Que tivese vómitos de sangue, cambios de personalidade e debilidade non son causa do embarazo, se non que é pola enfermidade… se serve de algo, a vosa filla poderá coñecer a súa nai…
Co cerebro conxelado e o meu corazón tocando a sinfonía número 40 de Mozart en sol menor, só puiden dicir:
-Por favor, non lle digas nada a Xiana…
Pasaron tres meses, e naciches ti, a única forza que facía que non caera… mais, a túa nai notaba que algo acontecía, por iso un día me preguntou por que o seu cronopio favorito non era feliz, non fun capaz de dicirlle a verdade, soamente dixen:
-A felicidade non existe.
O tempo pasaba, e mentres ti eras cada vez máis fermosa e grande, túa nai derretía por dentro, comezaba a estar cada vez máis cansa, esquecía cousas e o seu rostro tornábase inexpresivo. Eu saía cada mañá a pescar, mais o único que facía era chorarlle ao río e logo compráballe o peixe a outros pescadores ou inventaba historias de peixes enormes que escaparan no último intre.
Sen decatarnos, chegamos a primeiros de maio, e con el, o teu primeiro aniversario, e o día máis difícil da miña vida. Por unha tarde, esquecemos os nosos pesadelos, e fomos ledos vendo á nosa princesa favorita.
Cando os invitados xa se foran, túa nai estaba no salón, e tocaba a “Andante Spiana” de Chopin no piano, unha das poucas cousas que inda lembraba. Acerqueime a ela, con ó da gravata mal feito, a camisa medio engurrada e aberta, e cheirando a alcohol, el comecei a bicar o seu pescozo con tenrura, e ela, coa man libre, acariciou os meus cabelos con moito sentimento. Baixei a cremalleira do seu vestido morado, e comecei a bicar as súas costas, pero os meus ollos, mollaron as súas costas, e ela púxolle aínda máis tenrura ós seus agarimos. Volvinlle bicar as costas, e… apertei o gatillo, e aperteino outra vez, e outra, e outra. O meu traxe manchouse de chocolate líquido e de bágoas de cristal.
Comprendo que non quixeras saber nada de min e que non foras verme ó cárcere, mais quero que saibas que nunca deixei de saber de ti, André envioume cartas en cada un dos teus aniversarios, cunha foto túa, teño que dicirche que cada vez seméllaste máis a túa nai. Un día, díxenlle a túa nai que a felicidade non existía, pero cando André me dixo que precisabas dun cronopio que te salvara, dinme de conta, a felicidade estaba próxima.
Esta historia es preciosa Me encanta :(
ResponderEliminarMuchas gracias, en serio! :)
ResponderEliminarnada ^^ si fue para un concurso ganaste seguro no?
ResponderEliminarTe presentaste al Ben Veñas? MOLA! Y el texto está genial sobre todo lo de apretar el gatillo.. Publicidad subliminal.. Hahahahaha. Mucha suerte!
ResponderEliminarPues aun no salieron los ganadores, pero tengo dudas, la categoría es mayores de 14 años...
ResponderEliminarMuchaaaaaas Gracias :) claro... hay que aprovechar todo lo que se pueda jajajjaja y otra vez, GRACIAS(: