Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galego. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de abril de 2011

CRONOPIOS DE CHOCOLATE.

Aquí temos o traballo presentado por Alejandro Martínez no concurso de narración curta do Ben veñas maio, espero que vos guste.


-Non entendo por que estou aquí, era unha persoa noxenta, que nin lembro.
            -Cálmate –dixo André, e bicoume suavemente.
            Sentámonos nas cadeiras e a muller comezou:
            -En primeiro lugar, dicir que o forense afirmou que o señor Anxo Martínez morreu por suicidio, aforcado. Deixou unha carta e un caderno para a súa filla Xiana e o seu esposo André, isto é o único que el posuía, e vostede o único familiar. A continuación, lerei a carta que deixou:
            “Túa nai sempre dicía que todos temos un alma xemelga, un cronopio, e que paga a pena vivir soamente para atopalo. Os cronopios, son seres máxicos, que segundo cría ela, amoláballes vernos tristes, e convértense en almas xemelgas, coas que compartir unha vida. Antes da cea, dixo que… sería feliz para sempre, porque estaba segura de que eu era o seu cronopio.”

-Non entendo nada…
            -Atópaste ben? Estás tremendo!
            -Si, o médico dixo que tardaría en acostumarme ao corazón…
            Senteime na cadeira do piano e tras uns intres, comecei a ler as liñas do caderno.



Todo comezou nun verán pouco antes de que naceras, e coma tódalas historias, cunha mala nova.
            -Anxo… Xiana ten a enfermidade de Wilson…
            -Que? Que é iso? –os meus ollos abríronse coma pratos, e meus beizos separáronse deixando pasar ao meu frío alento.
            -É unha enfermidade moi dura, que acumula cobre dentro dos tecidos, e desgástanse pouco a pouco, foi recentemente descuberta e poderiamos probar a tratala, pero… sinceramente, coido que só prolongaría o seu sufrimento... para que o entendas, e coma se o interior de Xiana estivese feito de chocolate, e se fose derretendo. Que tivese vómitos de sangue, cambios de personalidade e debilidade non son causa do embarazo, se non que é pola enfermidade… se serve de algo, a vosa filla poderá coñecer a súa nai…
            Co cerebro conxelado e o meu corazón tocando a sinfonía número 40 de Mozart en sol menor, só puiden dicir:
            -Por favor, non lle digas nada a Xiana…
            Pasaron tres meses, e naciches ti, a única forza que facía que non caera… mais, a túa nai notaba que algo acontecía, por iso un día me preguntou por que o seu cronopio favorito non era feliz, non fun capaz de dicirlle a verdade, soamente dixen:
            -A felicidade non existe.
            O tempo pasaba, e mentres ti eras cada vez máis fermosa e grande, túa nai derretía por dentro, comezaba a estar cada vez máis cansa, esquecía cousas e o seu rostro tornábase inexpresivo. Eu saía cada mañá a pescar, mais o único que facía era chorarlle ao río e logo compráballe o peixe a outros pescadores ou inventaba historias de peixes enormes que escaparan no último intre.
            Sen decatarnos, chegamos a primeiros de maio, e con el, o teu primeiro aniversario, e o día máis difícil da miña vida. Por unha tarde, esquecemos os nosos pesadelos, e fomos ledos vendo á nosa princesa favorita.
            Cando os invitados xa se foran, túa nai estaba no salón, e tocaba a “Andante Spiana” de Chopin no piano, unha das poucas cousas que inda lembraba. Acerqueime a ela, con ó da gravata mal feito, a camisa medio engurrada e aberta, e cheirando a alcohol, el comecei a bicar o seu pescozo con tenrura, e ela, coa man libre, acariciou os meus cabelos con moito sentimento. Baixei a cremalleira do seu vestido morado, e comecei a bicar as súas costas, pero os meus ollos, mollaron as súas costas, e ela púxolle aínda máis tenrura ós seus agarimos. Volvinlle bicar as costas, e… apertei o gatillo, e aperteino outra vez, e outra, e outra. O meu traxe manchouse de chocolate líquido e de bágoas de cristal.
            Comprendo que non quixeras saber nada de min e que non foras verme ó cárcere, mais quero que saibas que nunca deixei de saber de ti, André envioume cartas en cada un dos teus aniversarios, cunha foto túa, teño que dicirche que cada vez seméllaste máis a túa nai. Un día, díxenlle a túa nai que a felicidade non existía, pero cando André me dixo que precisabas dun cronopio que te salvara, dinme de conta, a felicidade estaba próxima.

miércoles, 30 de marzo de 2011

Venres.

Mentres apretaba con forza o vaso, e a miña cabeza facía raias no seu recordo, observei, que o home que ficaba ao meu lado non deixaba de mirar cara min e sorir, deuse conta de que non entendía porque soría, e dixo:
-Vaia, problemas cos amores, non si?
-Que pasa, eres bruxo seica?
-Non, pero eu tamén estiven así, e máis, cada venres o pasaba aquí, dando voltas na cadeira e pensando neles.
-E non cres que se te desfixeras de todo que poderías pasar uns venres mellores?
-Tal vez, pero, paga a pena, perdelo todo por iso, non? Anda, invítoche eu, que ti xa vas bo, lévote a casa.
-Creo que é o mellor...
Camiñamos moito, ao perder a noción do tempo non podería decilo con exatitude, pero cando me din conta, estaba tumbado no chan, e rompín a chorar.
-Eu non quería isto, eu non o quería... como chegamos a perdelo todo? O seu aroma...
-Os seus fermosos beizos, as seus ollos tan expresivos -dixo mentres se acostaba ao meu carón.
-As súas cadeiras, podería perderme dúas vidas alí, e o seu cabelo caíndo polos seus hombros...
-Si, e a súa barba...

Non lembro muito, mais, cando espertei, un home cheo de sangue e espido ficaba ao meu lado, un home espido... coma min.

lunes, 21 de marzo de 2011

UN

A roupa formaba montañas detrás dela, arrincoulle os estantes ao roupeiro, e cun grito, tocou a parede. Mirou cara os lados, quedáballe pouco tempo, colleu unha machada, e comezou a romper a parede, pronto, xa podía cheirar o doce alento da vinganza. Como puido, adentrouse polo burato.
Levantouse, e correu apertar ao rapaz louro e miúdo, con tantas feridas que xa non se sabía se a súa pel era vermella ou branca. Comezou a chamar por ela, e as súas bágoas responderon no seu lugar.
 -Como chegamos ata aquí? Como?
 -Pedro.
 -Sempre o imaxinei, o odio que hai na súa mirada quítame o frío. Pero acouga, pronto estará no mesmo estado ca ti.


-Alicia, que estás a debuxar? Por que esa rapaza tira as súas roupas polo chan?
-Nada, só mataba o tempo.
O forte home negro adicoulle un soriso un pouco forzado.
-Pedro, dóeme a cabeza, poderías levarme ao balcón e abrir a fiestra?
-Claro, pero non intentes moverte que estamos no terceiro andar e é moi fácil caer.

jueves, 10 de marzo de 2011

O demo da paixón.

Como un home atado ás vías dun tren, coma unha historia lineal, así trancorre a miña vida, e mentres apoio as miñas cosatas no muro, podo ver como as miñas lembrazas máis queridas van quedando no camiño coma se fosen as pegadas dun zapato mollado.
Ela foi como unha estrela que apareceu e de supeto estoupou nos meus oídos. Era o ceo tinguido de laranxa... Coma o lume, prendes todo o que tocas, e eu, morto de frío fun quentarme na fogueira equibocada.
E coas dedas tocando xa as nubes, suspirei, e avancei, tentei avanzar, e como tanto esperaba, o solo que eu creara desapareceu, e  cain coma se un monstro no chan quixese comerme, tivérame atado.
Foi un só intre, no que puiden no medio da desparición da miña propia conciencia, cando puiden ver como estaba rodeado de prantas fermosas, que comezaron a marchitar, e alí apareceu ela, cunha pranta antes vermella, movendo a boca, e coa mesmiña voz ca da miña nai, dixo: "Xa sabes, é mellor morrer de vello que de sida".

martes, 22 de febrero de 2011

MEn´THEMOON

Lembro o primeiro día que a vin con atención, tireille unha pedra, e o único que fixen foi romper unha tella. É algo estrano, pero deixei de tirarlle pedras, e comecei a medrar, e sempre observaba á lúa reflexada no mar. E como cada noite, doulle as boas noites á miña amigiña, a Lúa, xa sei que non volverás, e sei que eles minten, ti non estás no outro mundo. Porque ti dixéchesme: "voume vivir á lúa, odio este sitio" "Que dis! Se o máximo que duraches foi unha hora no parque do lado!" contesteille, mais ti déchesme a man e dixeches: "Pedireille a alguén que pase co coche que me leve, e xa está." "Ten coidado, e manda algunha postal!" "Ti eres parvo ou que! Non hay correo na Lúa! Pero haber que podo facer..." E bicoume na meixela, a primeira e a derradeira vez! que eu esas nenadas non as quería!
Meus pais din, que estás no outro mundo, mais eu sei que se non volveches, é por que chegaches á lúa! Máis claro, auga! Estes maiores... non che saben nada da vida!

martes, 15 de febrero de 2011

Amar cos pés xuntos.

O sol atopábase no seu maior esplendor, a auga volvía lentamente, e cando xa retornaba  uns metros, unha onda empurrábana outra vez cara a area, facéndolle unha pesacada mordéndose a cola.
    -Ti me queres? - Eva preguntou, ou máis ben o espectro que a atormentaba na posta de sol no horizonte, cun tono de voz valeiro en canto aos sentimentos.
    -Si, claro - Mentín, quen pode dicirlle a un rapaz cativo que o seu pai non volverá? Sabemos que saberao pronto, mais non queremos partir corazón (na maioría dos casos). Ev volveu esbirrar, proxectándome de volta ao mundo - será mellor que che axude a subir á cama outra vez.
   -Non, quero ver o mar Antón, quero ver o mar debaixo dos meus pés - Eva sempre sentíase atraída polo mar, cría que o seu destino, era morrer contemplando como o mar partíase en dous co reflexo do morado ceo.
Si, tal vez esta fora unha decisión desastrosa, mais quero dicir ante todo que non me arrepinto de nada, so de non poder pedirche perdón, e bicar o teu frente na cama por última vez.
De camiño á praia, polo peirao volvín a insistir mo de sempre:
   -Eva, por que non queres operar as pernas?
   -Xa cho dixen, un nace e a partir de ahí, todo o que pase, sexa bo ou malo, é por algo, todo ten un bo sentido... e que acontecería se a Lúa non quixese ter frío, e se fixera amigo do Sol? Todo cambiaría... e a de cousas fermosas perderiamos... Non, eu sei o que fago.
Chegariamos á area, o ceo xa tornaba morado, e Eva xa baixaba a vista, untando os seus ollos de bágoas.
   -Pronto Antón, pronto.
  -Non digas iso... - as miñas palabras ían tinguidas de seguridade, pero eu que sabía a verdade, bloqueei a cadeira de rodas, asi non podería facer loucuras- ponte a miña boina, vaiche coller o frío - ainda que a Marta amoláballe que non levase a boina que me regalara no noso aniversario posta, e moito máis que o prestase. Non pensara que puidese pasar nada...
De súpeto, un vento mareiro levou á boina polos aires, e eu perseguina correndo pero o vento era máis forte, e levouno ata a parte alta das rochas, na cal os cativos saltaban polos meses de verán, en canto as súas nais perdíanlle o ollo falando de manías dos seus homes ou de comida, xa que eran moi perigosas, xa que a maioría das rochas penetraba no mar, e caer alí sería o último.
Comecei a subir rapidamente polas rochas e cando xa cantaba victoria, un pé esbarou, e... caín. Nunca crin na sorte, nin no destino, pero agora, penso que as palabras de Eva tiñan moita razón...
Síntoo, sínto que pasara isto... e non sabes canto... pero penso que é unha sorte poderche dicir, que son un home feliz, teño unha bonito muller, e unha fermosa sirea que canta inda  nos meus pesadelos das noites de inverno, liberándome da morte do meu espírito.
Cando caín, comecei a sangrar, e sentía como gritabas por min, e eu non puiden facer nada, so ver como o mar achegábase a ti, sen poder moverte, tentei levantarme, pero perdin o sentido.

Meu pai sempre dicía "Amar é como andar cos pés xuntos, agún día cansaraste e caerás". Cando me contaron a túa historia, pensei "Como será entón, amar cos pés xuntos?"



O día 23 de Setembro, morreu Eva, a terceira rapaza do mundo coa denominada enfermidade da sirea, xa que os que a sofren nacen coas pernas xuntas, pegadas, e coa falta de alguns órganos como os reproductores. Un pesacdor atopouna na praia, preto do seu coidador, os cales chegaron con vida ao hospital. O coidador pronto recuperouse, mais a nena sirea tivo danos graves, xa que cando o pescador a atopou o auga chegáballe ata o peito. O informe médico declarou que sufría unha pulmonía, e que ao estar tanto tempo no auga sen moverse, que aumentara ata un nivel que sería perigoso incluso para unha persoa normal, e moito máis para unha persoa coas defensas tan baixas por causa da enfermidade. Así, dous días despois, na vispera da morte da nosa sirea, atoparon ao seu coidador aforcado, cunha nota de suicidio, que semellaba un borrador.
O día 15 de Febreiro un homiño creou este conto, froito dunha noticia que lle impactou, facéndoa florecer coa semente da ficción.

miércoles, 9 de febrero de 2011

O becho da herba de namorar

Mátame. Destroza as miñas carnes pouco a pouco, así, lembrarei os bos momentos, colle o violín e fai soar as cordas como a canción da paixón, do último latexo, do son da última folla a caer, do último día de choiva de xaneiro, ou das formas inimaxinables do lume, do soriso do teito e a amargura do solo, da potencia dos teus lamentos, das bágoas dos pés, dos últimos dous pasos, dunha sesta que semella non ter fin, da sensación de tumbarse na herba e non querer levantar nunca máis, da terra cando se lle arrinca a herba de namorar. Que o asouvio da noite peite o teu cabelo, que os raios de gran sol quenten o teu pescozo.
Que os meus avermellados beizos bicaron as túas cadeiras, mátame. Que hoxe os meus brazos encerrante nunha aperta. Que os meus brazos sobre ti semellan as pólas dun salguiero chorón, chorón, como o son do meu peito, peiteado, como como os cabelos louros, aos que pretendía amarrar ata sumerxirme nas súas mans, mans as que poden coller un coitelo de metal.
Mátame, ninguén me entende neste mundo, tentarei no seguinte non ser un becho.
Pediríache que me matases outra vez, mais él fixoo antes, cun metal fundido, que sabe a envexa, e que ten cor morada e torna tolos aos que o tocan.
Ten cuidado amor, co meu sangue estás manchando as túas herbas de namorar. E eu acaroado a ti quero seguir enfeitizándote.

lunes, 31 de enero de 2011

O neno suicida. RAFAEL DIESTE

Cando o taberneiro rematou de ler aquela nova inquedante —un neno suicidárase pegándose un tiro na sen dereita— falou o vagamundo descoñecido que acababa de xantar moi pobremente nun curruncho da tasca mariñeira, e dixo:
—Eu sei a historia dese neno.
Pronunciou a palabra neno dun xeito moi particular. Así foi que os catro bebedores de augardente, os cinco de albariño e o taberneiro calaron e escoitaron con xesto inquiridor e atento.
—Eu xa sei a historia dese neno– repetiu o vagamundo. E, tras duna solerte e ben medida pausa, encomenzou:
—Alá polo mil oitocentos trinta, unha beata que despois morreu de medo, viu saír do camposanto florido e recedente da súa aldea a un vello moi vello en coiro. Aquel vello era un recén nacido. Antes de saír do ventre da terra nai escollera el mesmo ese xeito de nacencia. “¡Canto mellor ir de vello para mozo que de mozo para vello!”, pensou sendo espíritu puro. A Noso Señor chocoulle a idea. ¿Por qué non face-la proba? Así foi que, co seu consentimento, formouse no seo da terra un esqueleto. E despois, con carne de verme, fíxose a carne do home. E na carne do home aformigou a caloriña do sangue. E como todo estaba listo, a terra-nai pariu. Pariu un vello en coiro.
De cómo despois o vello topou roupa e mantenza é cousa de moita risa. Chegou ás portas da cidade e como aínda non sabía falar, os ministros, despois de lle botaren unha capa enriba, levárono a diante do xuíz coma se tivesen sido testemuñas:
—Aquí lle traemos a este pobre vello que perdeu a fala coa tunda que lle deron uns ladróns mal entrañados. Nin roupa lle deixaron.
O xuíz deu ordes e o vello foi levado a un hospital. Cando saíu, xa ben vestido e mantido, dicíanlle as monxiñas: “Vai feito un mozo. Ata parece que perdeu anos”.
Daquela xa aprendera a falar algo e fíxose esmoleiro. Así andou moitas terras. Alá en Lourdes estivo dúas veces, da segunda tan amozado que, os que o coñeceran da primeira, coidaron que fora miragre da Virxe.
Cando adquiriu experiencia de abondo pensou que o mellor era manter secreta aquela extraña condición que o facía máis mozo cantos máis anos corresen. Así, non o sabendo ninguén —non sendo un ou dous amigos fieis— podería vivir mellor a súa verdadeira vida.
Traballou de vello e fíxose rico para folgar de mozo. Dos cincuenta ós quince anos a súa vida foi a máis feliz que se pode imaxinar. Cada día gustaba máis ás mozas e andou enliado con moitas e coas máis bonitas. E ata disque unha princesa… Pero diso non estou certo.
Cando chegou a neno encomenzou a vida a se lle ensarillar. Dáballe medo a sorpresa con que o vían entrar tan ceibe nas tendas a mercar lambetadas e xoguetes. Algún rateiro de viseira calada teno seguido ó longo de moitas rúas tortas. E algunha vez ten comido as súas lambetadas a tremer de anguria, coas bágoas nos ollos e o almibre nos beizos. A derradeira vez que o topei —tiña el oito anos— andaba moi triste. ¡Pesaban, ademais, tanto no seu espírito de neno os recordos da súa vellice!
Logo encomenzou a lle escarabellar día e noite unha obsesión tremenda. Cando pasasen algúns anos recolleríano en calquera calexa extraviada. Quizais algunha señora rica e sen fillos. Despois… ¡Quen sabe o que pasaría despois! A lactancia, os paseos nun carriño, cunha sonalla de axóuxeres na manciña tenra. E ó remate… ¡Ou! O remate poñía espanto. Cumpri-lo seu sino de home que vive ó revés e refuxiarse no seo da señora rica —poida que cando ela durmise— para ir alí devecendo ata se trocar primeiro nunha sambesuga e despois en arumia e logo en pequenísima semente…
O vagamundo ergueuse moi pensabundo, coas mans nos petos, e deu algúns paseíños todo amargurado. Ó cabo dixo:
—Explícome, si, explícome que se chimpase un tiro na sen o pobre rapaz.
Os catro bebedores de augardente, crían. Os cinco de albariño, sorrían e dubidaban. O taberneiro negaba. Cando todos desortían máis enfervoadamente, o taberneiro ergueuse de súpeto nas puntas dos pés e púxose a mirar todo arredor cos ollos moi abertos. O vagamundo desaparecera sen pagar.

jueves, 27 de enero de 2011

131r8141 51381280

Hoxe atopei un caderno da funeraria, nela poñía o nome do meu avó, o lugar no que morrera, o día, a súa idade, e a parroquía á que pertencía. De baixo, aparecían unha morea de cadros con sinaturas, e enriva poñía: "Le testimonia su más sentido pésame:"
 Supoño que esta é unha forma inútil de consolo para os seus achegados. A tinta no papel, representando as persoas que asinaron, era a única mostra de agarimo? So queda do seu amor unha sinatura? Mentres meditaba nisto, unha idea cruzouse no meu maxín. Collín a última folla e escribín: "Avó, sinto que as bágoas non saíran da miña ledicia inocente. Agora, choro por dentro cada noite".


 Na soñardade da noite, prantado diante do maceira, tirei a pa ó chan e collín unha mazá, ollando as súas cores avermelladas, pensei: "Ti quixeches ser parte desta árbore, e eu quero que esta carta que é parte de min, forme parte de ti".
 Cos melosos ollos cheos de auga, cain cos xeonllos apoiados na verde herba que crecera alimentándose das lembranzas dun bo home.

domingo, 19 de diciembre de 2010

Palabras de agarimo.

-Como puidemos acabar así?
Silencio.
-Por que o fixeches? Nós eramos felices, tiñamos todo o que se nos antoxaba! Todo! Non lembras o día en que eu perseguínte, asustácheste e comezaches a correr? Entón, eu collinte, e... biqueite, biqueite como nunca o fixera... inda que de primeriras pensaches que era un dexenerado, logo sentiches a miña calor. Entón, díxente que te quería, e ti... chamáchesme louco, e logo volvímonos bicar. Cada día, no carreriro que dá a túa casa, víamonos e bicábamonos, e poco a pouco utilizábamos máis palabras de agarimo, os nosos corpos xuntábanse, fácianse un cada día, e choraban cando se afastaban. O teu sorriso a comezos do día facíame ledo... Por que? Sempre costábache concentrarte, e a miúdo vías cousas que a min non me daba tempo a ver, tamén custábache expresar os teus sentimentos hacia min, pero nunca puidera imaxinar que pasaría esto. Foi no inverno, cando o meu fillo non me deixaba saír, e estiben dous meses sen poder verte. Foi nas campaadas de fin de ano, cando dixen que ía fumar o derradeiro cigarro do ano, e fuxín cara a túa casa, e encontreite, tirada no carreiro, chorando. Chamei por ti, pero ti seguías no chan tirada mentres chorabas: "Carme, Que fas hai tirada?" "Axúdeme por favor, busco a alguén... non lembro o seu nome, nin como era, so recordo que... estaba louco" Sentín como unha punzada atacaba ao meu corazón, e perdía toda conexión coa realidade.
Bágoas.
-Por que? Porque non me dixeches o que acontecía? Por que?
Máis bágoas.
-O teu corpo foise coas túas lembranzas, o meu baise xunto co teu, porque o noso amor verdadeiro estará baixo terra, para o aire poder levar con el palabras de agarimo.


Cada noite, meu neto pídeme que lle conte un conto, collo un, e facendo que leo, contolle a historia de Palabras de Agarimo.
El sorí e consegue dormir, pero non sabe o duro que é a demencia senil, nin o duro que é ter que enterrar a teu pai vivo, xunto ao amor da súa vida.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

Ne Hug Ta Jaktc

Comecei a recoller todo con présa, quedaban 15 minutos, e a casa estaba a medio recoller. Non puiden aturar máis o sono, tumbeime na cama e por unha vez, conseguín dormir tranquila, sen que unha contusión, quen sabe, se de unha das súas botellas de cervexa, ou a antiga cadeira de Sara, me espertase, acompañada dunha chea de maldicións hacia min. De súpeto, abriuse a porta.
  -Pero que...! Xorda de merda! Que é isto? Tes a casa chea de merda! -retrocedín pocou a pouco, ata que acabei nun curruncho- Que pensas, que son parvo? Eh! É iso o que pensas? Eh! Non te fagas a parva! Advertincho! Agora vas ver -Colleu o espello da parede, co que se arranxaba Sara, e bateuno contra mín. Cain ó chan, e chea de cortes olleime, feita unha merda, en anacos de espello, cheos de sangue.- Sabíao, eres unha merda, chego do bar cansado, despois dunha tarde procurando un traballo, e logo non podo atopar a casa recollida e unha muller disposta a facer o que eu queira. Xa nin teño ganas de xogar ao golf mañá! Pero estrear o pao vouno estrear. -colleuno, e deume con el no peito. Os meus dentes tingíronse de sangue, e tumbeime no chan. As miñas bágoas nublaban a miña mirada, tinguidas de odio e noxo -sabía que meu pai tiña razón, só vales para votar un, e agora, co conto de que estas preñada, nin iso, toma puta, toma! -comezou a darme patadas- Puta inútil de merda! Se  non fora polo gorda que estás, tirábache ao lixo, porca, lábate! E a túa amiguiña, a Ánxela esa, xa che contaría como berrou onte na cama verdade? Por que pasas o día enteiro con ela e non te dedicas ao que debes, total para que non te conte a verdade! -xa non aturaba máis, incorporeime e comecei a escribir no meu caderno- Si, iso éo único que sabes, escribir nese caderno tan noxento. E miña nai dicía que tiñas cartos e que sería boa idea o noso! O único que me deches foron dous fillos, todo disgustos...! -un son que proviña de fóra interrompeuno- E quen andará ahí? asómase á fiestra e ven alporizado cara mín- Que fixeches proca de merda! A quen chamaches? -e leu o caderno: "Non son parva, son máis lista que ti, quitáchesme a vida, quitáchesme un fillo, destrues ao noso triste futuro, pero non conseguirás arruinarme, mira cara á boneca de Sara e sorrí ao paxaro.

lunes, 22 de noviembre de 2010

aldri skille oss

Era moi tarde, se non chegaba axiña a casa, miña nai íame castigar. A porta da casa estaba aberta, se cadra estaba anoxada, ela sempre bérrame por deixala non pechala. Todas as luces estaban acesas, comecei a ter medo, pero, nas escaleiras que dán ao corredor do piso de arriba vín a Carlos.
 -Onde están mamá e papá?
 -Pois... lembras o que che dixeron de como se fai un fillo?
 -Si.. lembroo pero, non era que se ían separar? Ahora que xa me afacía á idea!
 -Alberte, xa sabes como son de estranos os maiores.
 -Si, coido que tes razón...
 -Veña, imos dar unha volta, comemos algo fórae así deixámolos sos...
 -Pásache algo? Mancácheste? Tes a man chea de sangue e  estás moi pálido!
 Carlos tapou a man -Corteima cando intentaba facer a comida, veña, liscando!


Agarrados da man, chegaron ao aseo da praia e sentáronse nun banco. Carlos abrazou ao seu irmán pequeno, e comezou a chorar, as bágoas caían no chapeu de Alberte.
 -Alberte, ti queres a papá e a mamá?
 -Si! Moito! Por que o dis?
 -Se os queres, agarra a pistola de papá.
 -Se o fago, xa non se separarán?
 -Non, creatura, xamais.


















Noticia de última hora: unha parella aparece asasinada na súa casa, cunha machada coas pegadas do seu fillo maior o cal padece de esquizofrenia. Máis tarde, encontrouse una pistola coa que segundo indicaban os forenses, o pequeno quitoulle a vida ao pai. Os rapaces serán internados nun centro para que os axuden, segundo petición do maior, xuntos.



http://www.youtube.com/watch?v=fuI1pbvCBLI