Comecei a recoller todo con présa, quedaban 15 minutos, e a casa estaba a medio recoller. Non puiden aturar máis o sono, tumbeime na cama e por unha vez, conseguín dormir tranquila, sen que unha contusión, quen sabe, se de unha das súas botellas de cervexa, ou a antiga cadeira de Sara, me espertase, acompañada dunha chea de maldicións hacia min. De súpeto, abriuse a porta.
-Pero que...! Xorda de merda! Que é isto? Tes a casa chea de merda! -retrocedín pocou a pouco, ata que acabei nun curruncho- Que pensas, que son parvo? Eh! É iso o que pensas? Eh! Non te fagas a parva! Advertincho! Agora vas ver -Colleu o espello da parede, co que se arranxaba Sara, e bateuno contra mín. Cain ó chan, e chea de cortes olleime, feita unha merda, en anacos de espello, cheos de sangue.- Sabíao, eres unha merda, chego do bar cansado, despois dunha tarde procurando un traballo, e logo non podo atopar a casa recollida e unha muller disposta a facer o que eu queira. Xa nin teño ganas de xogar ao golf mañá! Pero estrear o pao vouno estrear. -colleuno, e deume con el no peito. Os meus dentes tingíronse de sangue, e tumbeime no chan. As miñas bágoas nublaban a miña mirada, tinguidas de odio e noxo -sabía que meu pai tiña razón, só vales para votar un, e agora, co conto de que estas preñada, nin iso, toma puta, toma! -comezou a darme patadas- Puta inútil de merda! Se non fora polo gorda que estás, tirábache ao lixo, porca, lábate! E a túa amiguiña, a Ánxela esa, xa che contaría como berrou onte na cama verdade? Por que pasas o día enteiro con ela e non te dedicas ao que debes, total para que non te conte a verdade! -xa non aturaba máis, incorporeime e comecei a escribir no meu caderno- Si, iso éo único que sabes, escribir nese caderno tan noxento. E miña nai dicía que tiñas cartos e que sería boa idea o noso! O único que me deches foron dous fillos, todo disgustos...! -un son que proviña de fóra interrompeuno- E quen andará ahí? asómase á fiestra e ven alporizado cara mín- Que fixeches proca de merda! A quen chamaches? -e leu o caderno: "Non son parva, son máis lista que ti, quitáchesme a vida, quitáchesme un fillo, destrues ao noso triste futuro, pero non conseguirás arruinarme, mira cara á boneca de Sara e sorrí ao paxaro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario