Lembro o primeiro día que a vin con atención, tireille unha pedra, e o único que fixen foi romper unha tella. É algo estrano, pero deixei de tirarlle pedras, e comecei a medrar, e sempre observaba á lúa reflexada no mar. E como cada noite, doulle as boas noites á miña amigiña, a Lúa, xa sei que non volverás, e sei que eles minten, ti non estás no outro mundo. Porque ti dixéchesme: "voume vivir á lúa, odio este sitio" "Que dis! Se o máximo que duraches foi unha hora no parque do lado!" contesteille, mais ti déchesme a man e dixeches: "Pedireille a alguén que pase co coche que me leve, e xa está." "Ten coidado, e manda algunha postal!" "Ti eres parvo ou que! Non hay correo na Lúa! Pero haber que podo facer..." E bicoume na meixela, a primeira e a derradeira vez! que eu esas nenadas non as quería!
Meus pais din, que estás no outro mundo, mais eu sei que se non volveches, é por que chegaches á lúa! Máis claro, auga! Estes maiores... non che saben nada da vida!
Meus pais din, que estás no outro mundo, mais eu sei que se non volveches, é por que chegaches á lúa! Máis claro, auga! Estes maiores... non che saben nada da vida!
No hay comentarios:
Publicar un comentario