Era moi tarde, se non chegaba axiña a casa, miña nai íame castigar. A porta da casa estaba aberta, se cadra estaba anoxada, ela sempre bérrame por deixala non pechala. Todas as luces estaban acesas, comecei a ter medo, pero, nas escaleiras que dán ao corredor do piso de arriba vín a Carlos.
-Onde están mamá e papá?
-Pois... lembras o que che dixeron de como se fai un fillo?
-Si.. lembroo pero, non era que se ían separar? Ahora que xa me afacía á idea!
-Alberte, xa sabes como son de estranos os maiores.
-Si, coido que tes razón...
-Veña, imos dar unha volta, comemos algo fórae así deixámolos sos...
-Pásache algo? Mancácheste? Tes a man chea de sangue e estás moi pálido!
Carlos tapou a man -Corteima cando intentaba facer a comida, veña, liscando!
Agarrados da man, chegaron ao aseo da praia e sentáronse nun banco. Carlos abrazou ao seu irmán pequeno, e comezou a chorar, as bágoas caían no chapeu de Alberte.
-Alberte, ti queres a papá e a mamá?
-Si! Moito! Por que o dis?
-Se os queres, agarra a pistola de papá.
-Se o fago, xa non se separarán?
-Non, creatura, xamais.
http://www.youtube.com/watch?v=fuI1pbvCBLI
deberiades coidar un pouco a ortografía (tanto nesta entrada como noutras xa que hai algunha falta) e os castelanismos.
ResponderEliminarSintoo, escribino con presa, corrixoo agora :)
ResponderEliminar