sábado, 27 de noviembre de 2010

O vello cativo

Sentín o frescor da noite, a luminaria da soidade da lúa, e a señardade do meu espírito libre confesando os sentimentos da miña caixa forte. Sete anos, moito tempo a primeira vista, pouco tempo para esquecer, esquecer a ledicia do seu soriso, sete anos, que xa remataron, e setenta e dous anos que rematarán de seguido.
Esa rapaza, a rapaza loura da casa onde remata o carreiro e comezan os campos de fentos e prantas de primavera, a mirada chea de perigo e amor.
Non me vou mover, non vou a ningures, as bolboretas do meu corpo non deixarán que eu fique aquí moito rato, non estou tolo, non necesito doutores que non teñen nin idea do meu.
Quen dixo que os vellos non poden namorarse? Eu demostroo, o sentimento da morte polo amor imposibel sempre está no noso maxín, e faise cada vez máis poderoso, pero, xa non lle teño medo.




Era demasiado tarde, só puiden contemplar como unha bolboreta caia morta sobre o anaco de papel de Xulio.

1 comentario: