Mamá, Por que? Cando me arropabas no teu peito, e tomaba do teu peito, nunca me decatara, nunca se me pasara pola cabeza o que puidera ser a mesma vida, tan dura, tan chea de merda por todos os lados, tan dura e fina coma un lapis de grafito afiado que en canto apartas a vista destrózache por completo, e converteche en caramelo, co cal untan as torradas os señoritos.
Non podo sacarmo do maxín, caín no seu propio xogo, como o sangue baixaba polo seu peito, as risas, os berros de gloria, un puñal no seu peito, e a miña mao chea de sangue. Segue no meu naris o cheiro de sangue de mosntro, pero que máis da, monstruo ou non, é un asasinato, fixen que moitas persoas chorasen por un mal home que inda sendo mal home era persoa, e fixen que rapases pregunten á súa mamai cada mañán onde se atopaba o seu pai. Pero que podía facer eu? Era el ou eu, e el matara ao amor da miña vida, un valeiro non quita ao outro, mais non te decatas no mesmo momento no que colles o puñal e quitas unha vida, porque matar coellos non era nada comparado con isto.
Ai, mamá, ai... que acontecería se de pequeno, puideras estar conmigho e me dixeras que a vida é tan dura, secadra pediríache que me quitaras a vida, pero iso non é xusto, xa que ti a deches por min.
Mama, porque non me dixeches que non se pode volver cara atrás?
Pediríache que ma quitaras, e pediríao agora, xa que non podo facelo por min mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario