jueves, 12 de abril de 2012

Antes de nada


Lin unha vez, ou se cadra escoitei unha vez, xa que eu son máis de desaparecer do mundo en televisión que en libros, xa que lendo aínda escuito a miña nai rosmar, e coa tele subo ao volume ao máximo, bueno, quería dicir, que escuitei unha vez, que é moi bo comezar as obras cunha cita, entón, aínda que logo acabe arrepintido no cárcere, comezarei cunha cita que recordo cada día:
                “Ás veces, alguén ten que morrer para que os demais saibamos apreciala vida, é o contraste”.
Penso sempre nesta frase, moitas veces, na cama a escuras, imaxino que pasaría se un día aparecese na miña bañeira mirando cara o teito, cun cuitelo na man e un corte no meu brazo. Pregúntome, se por fin os meus pais apreciarían a vida, se cambiaría algo, se sería para mellor…
E antes de comezar a contarvos esta historia, quero aclarar, a modo de testamento, que cando un ten présa e lle queda pouco tempo, un non pode fixarse nas súas faltas de ortografía, e aínda que para vós isto vos pareza unha parvada, a min só mo parecen estas primeiras páxinas, así que pediríavos, se é que alguén o le, que se vos estades quedando durmidos, que pasedes as páxinas ata que vos pareza bo o título. De todas formas, doubos esta paliza para que entendades a historia que vos vou contar.
Na antiga Grecia, todos crían que a terra era o centro do Universo, e que todo o demais xiraba ao seu redor; un grupo pequeno de persoas pensaban que era o Sol o centro do Universo, mais por seren poucos, non foron tidos en conta, ou foron asasinados.
Pois ben, o que insinúo é que nun mundo onde todo o controlan os adultos, nós, os xoves, non somos tidos en conta, porque non sabemos da vida, e moitos de vós, pensaredes que non teño nin idea, pero pensádeo, sei máis couso do que me rodea do que sabía alguen que sempre é tido en conta como Aristóteles,  bueno, nin tanto, pero algunhas cousas que el non sabe as sei.
E despois deste preámbulo semellante ao mítico que nunca se le dos libros, comeza a miña historia.
Porque eu non teño un amigo, ou un mozo ao que contarlle todas as miñas penas, eu teño un caderno no cal coa axuda dun lapis que sempre se queda sen punta, vou contando os meus problemas e dudas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario